Aquis Revive: recreación do mundo de hai 2.000 anos en Aquis Querquennis
O vindeiro 6 de setembro de 2025, no marco da conmemoración do 50 aniversario do inicio das escavacións no campamento romano de Aquis Querquennis (concello de Bande), dito xacemento arqueolóxico converterase nun auténtico escenario histórico co evento “Aquis Revive”, unha xornada de recreación da vida cotiá de hai 2.000 anos.
Ao longo do día, veciños, visitantes e amantes da historia poderán gozar dun completo programa de espectáculos, mercado, gastronomía, animación e actividades para todas as idades, que permitirán coñecer de primeira man o legado romano en Bande.

Cartaz Aquis Revive / Fundación Aquae Querquennae
Principais actividades:
- 10:45 horas – Cerimonia de apertura simbólica do campamento onde se reproducirá a vida cotiá do exército romano durante toda a xornada.
- 11:00 h. – Espectáculo de instrución lexionaria. Recreación coa máxima rigor histórica dos principais exercicios de adestramento militar das tropas romanas para manter a súa eficacia en combate: formación, armamento, marcha, exercicios de ataque e defensa, etc.
- 11:30 h. – Inauguración da exposición con motivo dos 50 anos de escavacións en Aquis Querquennis, no Centro de Interpretación.
- 12:00 h. – Visita guiada ao conxunto arqueolóxico. Actividade gratuíta con reserva previa no teléfono 988 04 01 27. Saída dende o Centro de Interpretación.
- 12:15 h. – Ritual de culto a Bandua. A celebrar no aedes (santuario) do Principia (cuartel xeral).
- 13:30 h. – Obradoiro sobre a evolución da indumentaria no exército romano. Nin todos os exércitos de Roma vestían igual nin o armamento foi o mesmo durante todo o imperio. Nesta demostración serán abordadas as máis usuais formas de vestimenta do exército romano e a súa evolución histórica.
- 16:00 h. – Taller de arqueoloxía experimental para nenos/as. No Arqueódromo de Aquis, os máis pequenos poderán coñecer de primeira man a cultura material da Roma antiga recreando unha verdadeira escavación arqueolóxica. Actividade gratuíta con reserva previa no 988 04 01 27.
- 16:30 h. – Maxia arcana. Experiencia inmersiva no mundo das forzas sobrenaturais.
- 17:30 h. – Cerimonia de fidelidade (Sacramentum militiae). Acto de recreación histórica do solemne xuramento de fidelidade que os soldados romanos prestaban ao emperador e ao propio exército. A escena, cargada de simbolismo e dramatización, permite experimentar a solemnidade, discipilina e sentido de pertenza que marcaba a vida militar en Roma.
- 18:00 h. – Espectáculo de batalla entre lexionarios romanos e indíxenas locais. Representación dunha batalla entre unha unidade do exército romano e as amotinadas forzas indíxenas locais. Un evento inspirado nas fontes históricas e achados arqueolóxicos. O enfrontamento, coreografiado para garantir a seguridade, combina o impacto visual do choque de armas con explicacións didácticas que permiten coñecer as diferenzas culturais, tecnolóxicas e militares de ámbolos contendentes; ofrecendo unha experiencia inmersiva e rigorosa.
- 19:30 h. – Teatro clásico: “Anfitrión”. Adaptación da obra clásica de Plauto, o considerado primeiro grande comediógrafo da literatura universal, na que se fai parodia dunha traxedia grega. Dirixida e adaptada por J.R. Martin e representada por Corzo Producciones.
Durante toda a xornada haberá tamén espazo gastronómico, mercado e actividades complementarias.
Todas as actividades serán de acceso libre e de balde, agás a visita guiada e o taller infantil, que requiren reserva previa no teléfono 988 04 01 27.
Fonte: Concello de Bande