A Festa das Sopas de Burro canso de Muíños, declarada de interese turístico galego
O pasado xoves, 19 de maio de 2022, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de acordo polo que se declaran festas de interese turístico de Galicia a Festa da Bica de Trives, o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Percebe (Aguiño, Ribeira) e a Festa das Sopas de Burro Canso (Muíños).
“Unha vez examinadas as solicitudes presentadas e tras os trámites preceptivos, emítese informe favorable ao cumpriren os requisitos exixidos, como a singularidade, o valor cultural, o arraigamento da festa, a creatividade e innovación no desenvolvemento do evento, o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración da festa e para a recepción de visitantes, a afluencia de visitantes ou o adecuado coidado das contornas urbanas, monumentais ou paisaxísticas onde se desenvolve”, segundo informa a Xunta.
A cita para a celebración da «Festa das Sopas de Burro Canso», en Muíños, é a primeira fin de semana de agosto. A valorización da tradición labrega e o mantemento da tradición veciñal desta festa en Mugueimes, capital do Concello, é o principal valor desta celebración que leva desenvolvéndose de xeito ininterrompido dende 1990.
Orixe da festa
Esta festa gastronómica ten o seu orixe no tradicional postre elaborado coa combinación de viño, azucre e miga de pan. Antigamente, os nosos antepasados alimentábanse desta mezcla para facer frente ás duras tarefas agrícolas, e debido á súa composición e capacidade enerxética, esta «sopa» aportáballes gran vitalidade e forza contra o cansazo.
Un bo día, os membros da asociación Fontefría de Muíños ataron un burro na porta do seu centro de reunión e elaboraron o tradicional plato, invitando a quen o desexara, a participar da festa. Así naceu a «Festa das Sopas de Burro Canso», como un xeito de rendir homenaxe ós seus ancestros.
Esta festa complemántase con outras actividades culturais en Muíños. Dende o ano 2005 celébrase á vez coa «Festa do Galo pica no chan» e dende o 2017 coa «Festa do Becerro do Xurés ó espeto»