I visita guiada á Torre do Castro organizada polo Concello de Sandiás
O próximo sábado 27 de xullo, o Concello de Sandiás organiza a I Visita Guiada ao Patrimonio militar da arquitectura medieval: a Torre do Castro no contexto das Torres da Comarca da Limia.
A “Cultura no Verán” non para tampouco en Sandiás. Despois do éxito das visitas guiadas dos anos pasados ao Pazo do Telleyro e o Patrimonio Xeolóxico das Areeiras de Sandiás, este ano volve un novo roteiro dirixido por Jorge Abraham Vila, actualmente profesor do IES Cidade de Antioquia en Xinzo de Limia. Foi tamén profesor colaborador da Facultade de Historia da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación “Sociedade, poder e territorio”, do departamento de Historia Medieval da Universidade de Vigo. Con diversos estudos acerca das Torres e Castelos da Comarca da Limia.
A visita guiada realízase en dous tramos horarios (sesións):
- A primeira sesión (charla) no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello), entre as 11:00 e as 12:00 horas
- A segunda sesión (visita “in situ”) ao carón da torre, de 12:30 a 13:30 h.
As inscricións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do Concello de Sandiás (988 46 50 01). A actividade é gratuíta.
Aproveita a oportunidade para descubrir o territorio e o papel xogado polas fortalezas e castelos da Alta Limia, obxectos e lugares inéditos da torre despois das obras de consolidación (cerámica, troneiras internas, escaleira interior, adarve ou paseo de ronda…), visionado de documentos medievais onde se fai mención da torre, hipótese sobre a súa orixe e derrubamento, o papel xogado polas revoltas irmandiñas, o cerco á torre do Duque de Lancaster, as diferentes titularidades en mans da nobreza laica (Nóvoa, Pimentel, Osorio…) e moitos máis misterios fascinantes.
Fonte: Concello de Sandiás