XVIII Romaría Raigame: homenaxe ás feiras tradicionais e ó gando autóctono de Galicia
Este ano, a Romaría Raigame alcanza a maioría de idade coa súa edición número dezaoito. Vilanova dos Infantes consolídase como epicentro da cultura popular galega nos Días das Letras Galegas.
Mostra de razas gandeiras autóctonas
Os terreos situados a carón da igrexa parroquial de Vilanova acollerán durante este día unha exposición de tres razas autóctonas de gando vacún. Nela participarán tres ganderías de animais criados en extensivo, en estado semi-salvaxe e:
- «Gandería Balín», de Allariz (raza limiá),
- «O Rego de Coedo», de Verea (raza vianesa), e
- «Gandería Orballo», de Celanova (razas cachena e rubia galega)
Mostras de tracción animal
A Asociación Galega de Tracción Animal (AGATRAN-A Molida) fará unha demostración de traballos con animais de tracción e arreios. Será nos campos da igrexa ás 11:15, 13:00 e 17:30 horas.
Ademáis, Mario Nogueira fará unha exhibición de manexo de xuntas de bois ás 12:00, 17:00 e 18:00 horas.
Cine Carlos Velo
Este espacio na praza Maior de Vilanova proxectará documentais sobre as feiras e razas autóctonas galegas, ás 11:00 horas
Ás 12:00 horas acollerá o simposio «As Feiras e Razas Gandeiras Autóctonas». Participarán representantes de:
- o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, con sede no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense), que falarán do seu traballo de recuperación de razas gandeiras en perigo de extinción.
- Boaga, federación que aglutina ás asociaciós de produtores de razas en perigo de extinción.
- a asociación AGATRAN-Á Molida (Asociación Galega Tracción Animal)
E ás 17:30 horas, «Debuxo con area» un espectáculo audiovisual de Marcos Escudero
Premio Honorífico «Adolfo Enríquez»
A «Coral de Ruada», tras asistir ás 12:00 á misa cantada na sua honra na Igrexa de san Salvador de Vilanova, recollerá este premio ás 13:30 horas na praza Maior, onde tamén se presentará o selo Raigame da Asociación Filatélica Miño. Tras este acto, representarase a Danza do Cristal.
Grupos de ambientación musical e baile polas rúas
Durante toda a xornada: Rodesindo da Barrosa, Banda de Música de Vilanova, Escola de Gaitas do Concello de Celanova, Gaiteiros da Agrupación «De Pé Feito», Escola de Música Tradicional da Veiga e Trasmiras, «Rebulir» de Ramirás, «Vila do Orcellón» do Carballiño, Escola de Danza da Deputación de Ourense, Agrupación «De Pé Feito» e Cantareiras «Agarimo» de Ourense, pandereteiras de «Forrollo» e cantareiras «Celavella» de Celanova, Asociación Amigos da Pandeireta de Monforte, «Airiños D’Arnoia» do concello de Arnoia, grupos de baile do concello de Xinzo de Limia, asociación «Chouteiros» de Maceda, «Os Xuncos» de Xunqueira de Espadanedo, grupo de danza «Solpor» de Celanova, escola de danza » Castro Floxo» de Ourense, …
No Campo da Escola, A Banda de Vilanova dará un concerto ás 18:00 horas e ás 19:00 horas actuarán os grupos de música tradicional «UTG» do concello de Vedra, «Santaia» de Oleiros, a Escola de Música Tradicional da Veiga e Trasmiras. e a Escola de Gaitas de Celanova.
Teatro na Praza do Castelo
Ás 13:30 horas e ás 18:30 haberá funcións de monicreques a cargo de Larraitz Producións. Presentarase a obra «Dona Barriga Verde», dirixida a todos os públicos. Integra elementos do tradicional Barriga Verde galego, creado a principios do século XX, «Dom Roberto» portugués, o «Pulcinella» italiano ou o «Punch&Judy» inglés entre outros.
Cantar de Cego: Cego de Matamá e Aldariña a Lazariña. Funcións ás 12:30 e ás 18:00 horas
Ademáis haberá dúas funcións de Contacontos «A Runrun» (ás 12:00 e ás 17:00 horas) adicadas á figura de Antón Fraguas, persoeiro ó que se lle adica o Día das Letras Galegas 2019. Esta actividade está enfocada especialmente ó público infantil.
Mostras e mercados de artesanía
Distribuidos por todo o burgo medieval de Vilanova, atoparemos durante esta xornada: cesteiros, zoqueiros, oleiros, postos de comida, teares, fotógrafo colodionista, ferreiro, fragueiro, carpinteiro e ebanista, torneiro, canteiro, bisutería, palilleiras, oleiros, artesáns de coiro, textil, xabóns, xoguetes,…
Bus Celanova-Vilanova-Celanova
O transporte entre Celanova e Vilanova dos Infantes poderá facerse nun antiguo autobús
Para saber máis