Festa do Esquecemento 2025 en Xinzo de Limia – Programa oficial
Os días 22, 23 e 24 de agosto celebrarase unha nova edición da «Festa do Esquecemento», que organiza a Asociación Civitas Limicorum de Xinzo de Limia dende o ano 2001. Esta festa de recreación histórica conmemora o cruce do río Limia polos soldados romanos comandados por Décimo Xuño Bruto no ano 138 antes de Cristo. O río Limia era identificado polos romanos co mítico río Lethes, o río do Esquecemento («Olvido» en español).
Esta edición celebrará tamén o vintecinco aniversario ou «Annus Argenteus» desta festa de interese turístico local, coas exposicións de «Os 25 carteis do Esquecemento» e «25 anos en imaxes» nos locais de hostalería da zona de acción da festa. A principal novidade deste ano será un gran Circo Romano.
Solidariedade cos afectados pola vaga de incendios
Debido á recente vaga de incendios que asola a provincia de Ourense, a organización do evento decidiu cambios de última hora:
- os fondos do «merchandising» destinaranse aos afectados pola grave vaga de incendios forestais; concretamente, ao número de conta habilitado polo Concello de Cualedro, un concello «irmán» de Xinzo e golpeado duramente polos incendios.
- Desfile do venres á noite: o tradicional percorrido con arredor de 400 fachos celebrarase sen prender os fachos, como mostra de loito pola nosa terra e de apoio ás veciñas e veciños da comarca.
- Lume Sagrado: o Lume Sagrado, símbolo da Festa do Esquecemento, estará apagado durante toda a celebración do evento, por primeira vez na súa historia.
- Plan de autoprotección reforzado: disporanse máis de 20 extintores nas zonas de maior actividade (campamento e puntos estratéxicos da recreación).
- Abastecemento de auga: incrementouse nun 30% o número de puntos de auga no campamento.
- Coordinación operativa: a organización traballará en coordinación coa Policía Local, Protección Civil e servizos de emerxencia, extremando todas as medidas preventivas (como sempre se fixo, e agora cun nivel extra de vixilancia).
Programa oficial:
Venres 22 de agosto
19:00 horas: Inauguración da XXV Festa do Esquecemento coa música itinerante de Turdión no campamento e Parque do Toural.
– Minotauro e Deusa Persa (animación de rúa) no Parque do Toural
19:30 h. Pasarrúas coa música de Cidade de Antioquía polo Casco Vello
20:30 h. Pasarrúas con Turdión polas rúas do Casco Vello.
21:30 h. O Rexurdir de Marte. Espectáculo de entrenamentos, na Praza Maior.
– Pasarrúas coa música de Cidade de Antioquía polo Casco Vello
23:30 h. Gran desfile inaugural con Fachos
00:00 h. Prendido do lume sagrado na Praza Carlos Casares
00:30 h. A furia de Vulcano. Espectáculo de lume na Praza Maior
– Pasarrúas con Son de Lugh, no campamento galaico – romano
1:00 h. Pasarrúas coa Tambukada de Lugo polas rúas do Casco Vello
1:30 h. Concerto de Broken Peach no Parque do Toural
Sábado 23 de agosto
12:00 horas. Apertura do mercado, a zona infantil e música do grupo Turdión, no Parque do Toural
– Deuses do Inframundo, animación de rúa polas rúas do Casco Vello
– Pasarrúas con Son de Lugh polas rúas do Casco Vello
12:30 h. Lucius Spiculus, espectáculo de gladiadores na praza Maior
13:30 h. Pasarrúas Turdión polas rúas do Casco Vello
– Pasarrúas con Cidade de Antioquía no Parque do Toural
– Recepción de autoridades e tropas estranxeiras. Premios Bispo Idacio 2025. Acto XXV Aniversario A. C. Civitas Limicorum. No Parque do Toural (zona de loita final)
13:45 h. O Rexurdir de Marte. Espectáculo de Entrenamento na Praza Maior.
16:30 h. Pasarrúas polo Campamento co grupo Lirolaio
17:30 h. Pasarrúas polo Campamento co grupo Son de Lugh
– Xogos Olímpicos infantís no Campamento
18:00 h. Pasarrúas polo Campamento co grupo Turdión
18:30 h. «Minotauro e Deusa Persa», animación de rúa no Parque do Toural
– Grandes Xogos Olímpicos no Campamento
19:15 h. Pasarrúas polo Casco Vello co grupo Cidade de Antioquía
20:00 h. Desfile das Tropas romanas de Décimo Xunio Bruto
– Pasarrúas con Liroalaio, música itinerante polas rúas do Casco Vello
20:30 h. Gran Circo Romano. Espectáculo con gradas na Zona de Area do Toural (preferencia persoas vestidas de época)
21:30 h. Pasarrúas co grupo Cidade de Antioquía polas rúas do Casco Vello
22:30 h. Exhibición – Lucius Spiculus. Espectáculo de Gladiadores na Zona de Area do Toural
23:00 h. Pasarrúas con Tambukada de Lugo, polas rúas do Casco Vello.
– A furia de Vulcano. Espectáculo de lume, na Praza Maior.
– Conferratio. Espectáculo teatralizado de Vodas, no Campamento Galaico – Romano.
23:30 h. Concerto de Grimorium no Parque do Toural
0:00 h. Concerto de Pelepau no Parque do Toural
Domingo 24 de agosto
12:00 horas. Apertura do mercado, a zona infantil e música do grupo Turdión, no Parque do Toural
12:30 h. Exhibición – Lucius Spiculus. Espectáculo de Gladiadores na Zona de Area do Toural
– Minotauro e Deusa Persa. Animación polas rúas do Casco Vello
13:00 h. Pasarrúas coa Tambukada de Lugo polo Casco Vello
– Pasarrúas con Liroalaio. Música itinerante polo Mercado artesanal e a Zona infantil.
13:30 h. Bautizos Galáicos e Romanos. Espectáculo teatralizado na Fonte do Parque do Toural.
14:00 h. Pasarrúas de Turdión polo Casco Vello
16:30 h. Deuses do Inframundo. Animación de rúa no Campamento.
17:00 h. Marchas romanas coa charanga Achicoria no Campamento
17:30 h. Recreacións do Cruce do Río Lethes e gran loita de galaicos e romanos á beira do río Limia
18:00 h. Pasarrúas de Lirolaio. Música itinerante polo Campamento
19:00 h. Batucada Bloco Trifulka polo Campamento
19:30 h. O Rexurdir de Marte. Espectáculo de entrenamentos na Praza Maior
20:00 h. Desfile da victoria
21:00 h. A furia de Vulcano. Espectáculo de lume na zona de Area do Toural.
22:15 h. Batucada Bloco Trifulka polo Campamento
23:00 h. Entrega de premios a participantes no Campamento
23:15 h. Apagado del Lume Sagrado. Espectáculo de lume de Rita no Campamento
00:00 h. Concerto de despedida con Grimorium no Campamento

Cartaz oficial da Festa do Esquecemento 2025 / Asociación Civitas Limicorum
Fonte: Asociación Civitas Limicorum