Entroido de Xinzo de Limia 2026 – Programa oficial
A programación desta edición da única Festa de Interese Turístico Internacional da provincia de Ourense abrangue dende o 24 de xaneiro ata o 22 de febreiro. Un mes de actividade frenética que reafirma á vila como o destino de referencia do inverno en Galicia, combinando o respecto escrupuloso pola tradición coa capacidade para atraer a miles de visitantes con grandes eventos musicais.
A Concellería de Festas e Xuventude de Xinzo de Limia, busca consolidar o ancestral Entroido como o principal motor económico da vila e unha ferramenta de proxección exterior inigualable. Xinzo prepárase así para recibir a milleiros de persoas dispostas a gozar dunha festa única, baixo a premisa de que «o Entroido de Xinzo non se explica, vívese».
Unha das grandes noticias deste 2026 é a recuperación dun clásico: o Festival da Canción Humorística. O Sábado de Entroido (14 de febreiro), a Praza Maior volverá ser escenario da sátira, a crítica social e a retranca, devolvendo ao programa oficial un certame que busca revivir o enxeño e a copla como formas de expresión fundamentais da nosa festa
SÁBADO 24 DE XANEIRO – PETARDAZO (Praza Carlos Casares)
-
21:00 – 23:45 h: Orquestra ORIGEN.
-
23:30 – 00:30 h: HENRY MÉNDEZ en concerto.
-
00:00 – 00:01 h: Petardazo de benvida ao Entroido 2026.
-
00:30 – 01:15 h: Pasarrúas con Xituma Batuke.
-
00:45 – 03:00 h: Disco móbil Apocalipsis (Praza Maior).
-
01:15 – 02:15 h: Pasarrúas coa charanga Achicoria.
-
02:15 – 03:00 h: Pasarrúas con Xituma Batuke.
DOMINGO 25 DE XANEIRO – DOMINGO FARELEIRO
-
17:00 h: Reparto da Fariña e comezo das FARELADAS na Praza Maior e casco vello da Vila.
SÁBADO 31 DE XANEIRO – COLGAMENTO DO MECO
-
Saída do Meco: Dende o Museo Galego do Entroido ata a Praza de Oriente.
-
Entre lusco e fusco: Saída do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior.
-
Percorrido: Rúa Galicia, Rúa da Sé, Rúa Santa Mariña, Rúa do Peto, Avda. de Ourense e remate na Praza Maior.
-
-
21:00 h: Concerto The Tetas’ Van (Praza Maior).
-
22:00 h: Concerto Os D’Abaixo (Praza Maior).
DOMINGO 1 DE FEBREIRO – DOMINGO OLEIRO
-
12:30 h: Saída do Carro das Olas dende o Museo do Entroido.
-
13:00 h: Oleiro Infantil na Praza Maior.
-
Animación: Pasarrúas con A Requinta da Laxeira e grupos locais.
-
-
16:00 h: Saída do Carro das Olas dende o Museo do Entroido acompañado por A Requinta da Laxeira e o Coro Aimil.
-
16:30 h: OLEIRO na Praza Maior e polas rúas do Casco Vello.
-
Durante o día: Animación de rúa cos grupos A Requinta da Laxeira, Tarde Piaches, Lirolaio, Os da Pedra Alta, Aimil Folck e Os Galos de Antioquia.
SÁBADO 7 DE FEBREIRO – SÁBADO DE CORREDOIRO
-
20:00 h: Festival Novas Músicas (Praza San Roque).
-
Isma B b2b Alex Vigo.
-
Skarmenta b2b Eyra.
-
Jay Rodric b2b Jackloops.
-
9noa.
-
-
Pasarrúas:
-
21:15 – 22:00 h: Bloco Trifulka (Batucada).
-
22:00 – 23:00 h: Armando Jarana.
-
23:00 – 00:00 h: Sound Band.
-
00:00 – 00:45 h: Bloco Trifulka (Batucada).
-
00:00 – 01:00 h: Armando Jarana.
-
01:00 – 02:00 h: Sound Band.
-
02:00 – 03:00 h: Armando Jarana.
-
DOMINGO 8 DE FEBREIRO – DOMINGO DE CORREDOIRO
-
12:00 h: Xuntanza de Pantallas no Museo Galego do Entroido.
-
Percorrido: Saída cara a Praza Maior, Rúa Dous de Maio, Avda. de Madrid, Avda. Ourense e Praza Maior.
-
-
19:00 – 22:00 h: Actuación da Grande Orquestra PARÍS DE NOIA (Praza San Roque).
-
Pasarrúas:
-
12:00 – 13:00 h: Sound Band.
-
13:00 – 14:00 h: Armando Jarana.
-
14:00 – 15:00 h: Sound Band.
-
18:00 – 19:00 h: Sound Band.
-
19:00 – 20:00 h: Armando Jarana.
-
20:00 – 21:00 h: Sound Band.
-
21:00 – 22:00 h: Armando Jarana.
-
VENRES 13 DE FEBREIRO – VENRES DE ENTROIDO
-
11:30 – 13:00 h: Gran Desfile Infantil.
-
Percorrido: Avda. de Madrid (cruce San Sebastián), Avda. de Ourense, Rúa Marcelo Macías e remate no CEIP Carlos Casares.
-
Charangas: A Felga, Tatoo, CLK, Bandiños Band e Achicoria.
-
-
18:00 – 19:30 h: Festa de animación infantil na Praza Maior.
-
21:00 h: II FESTA GLAM coa actuación estelar de LOCOMÍA.
-
23:30 h: Bloco Trifulka Batucada.
-
Pasarrúas:
-
22:00 – 23:00 h: Charanga La Nota.
-
23:00 – 00:00 h: Charanga Élite.
-
00:00 – 01:00 h: Charanga La Nota.
-
01:00 – 02:00 h: Charanga Élite.
-
SÁBADO 14 DE FEBREIRO – SÁBADO DE ENTROIDO
-
18:00 h: Festival da Canción Humorística do Entroido 2026 (Praza Maior).
-
Pasarrúas Mañá e Tarde:
-
12:00 – 14:00 h: Charanga La Nota.
-
14:00 – 15:00 h: Charanga Élite.
-
18:00 – 19:00 h: Charanga Élite.
-
-
Pasarrúas Noite:
-
19:00 – 20:00 h: Charanga Los Fugitivos.
-
20:00 – 21:00 h: Charanga Patalea.
-
21:00 – 22:00 h: Charanga Élite.
-
22:00 – 23:00 h: Charanga Achicoria.
-
23:00 – 00:00 h: Charanga Los Fugitivos / Charanga Louband.
-
00:00 – 01:00 h: Charanga Achicoria / Charanga Patalea.
-
01:00 – 02:00 h: Charanga Los Fugitivos.
-
01:00 – 02:30 h: Charanga Louband.
-
02:00 – 03:00 h: Charanga Patalea.
-
DOMINGO 15 DE FEBREIRO – DOMINGO DE ENTROIDO
-
13:00 – 14:00 h: Concerto estático Charanga BB+ (Praza Maior).
-
19:00 – 22:00 h: Orquestra MIRAMAR (Praza de San Roque).
-
22:00 – 01:00 h: LA DUENDENETA (Praza Maior).
-
Pasarrúas:
-
Mañá/Tarde: Charanga Patalea, Achicoria, Animación Brassdas.
-
Noite: Charanga Fugitivos, BB+, Animación Brassdas, Achicoria.
-
LUNS 16 DE FEBREIRO – LUNS DE ENTROIDO
-
13:00 – 14:30 h: Sesión Vermú con LA DUENDENETA (Praza Maior).
-
18:00 – 19:30 h: Animación Infantil (Praza Maior).
-
01:00 h: Concerto con FESTICULTORES TROUPE (Praza Maior).
-
Pasarrúas:
-
Mañá: BB+, Brass Dass, Achicoria.
-
Noite: Brass Dass, BB+, BCB, Bloco Trifulka, Achicoria, Stacazzo.
-
MARTES 17 DE FEBREIRO – MARTES DE ENTROIDO
-
17:00 h: GRAN DESFILE DO ENTROIDO 2026.
-
Animado polas charangas: Nova Trives, A Felga, Bandiños Band e CLK.
-
-
19:00 – 22:00 h: Grupo M3 (Praza San Roque).
-
Pasarrúas:
-
Mañá/Tarde/Noite: Charanga Bandiños Band, BCB, Grupo Stacazzo.
-
MÉRCORES 18 DE FEBREIRO – MÉRCORES DE CINSA
-
20:00 h: Solemne Procesión coa Sardiña.
-
Acompañada da Agrupación Musical da Limia.
-
Percorrido: Praza Maior, San Roque, Toural, Dous de Maio, Avda. Madrid, Avda. Ourense, Praza Maior.
-
-
21:45 h: Testamento da Sardiña (Praza Maior).
-
22:30 h: Queima da Sardiña (Praza Carlos Casares).
SÁBADO 21 DE FEBREIRO – SÁBADO DE PIÑATA
-
18:00 h: Festa da Cucaña (Praza Maior).
-
20:00 h: Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do Dúo Élite (Praza Maior).
DOMINGO 22 DE FEBREIRO – DOMINGO DE PIÑATA
-
17:00 h: Festa da Piñata (Praza Maior).
-
19:00 – 22:00 h: Actuación da Orquestra COMPOSTELA.
-
19:30 h: Entrega de premios do desfile Entroido 2026.
-
21:00 h: Descolgamento do Meco (Praza Maior).
-
Pasarrúas: Pacharanga Sound Leon e Charanga BCB durante todo o día.

Cartaz do Entroido Xinzo de Limia 2026 / Concello de Xinzo
Fonte: Concello de Xinzo de Limia

