Fernando Venâncio, Ángeles Huerta e Mario García, novos xuices honorarios do Couto Mixto
A Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Couto Mixto, a antiga «república independente» entre Galicia e Portugal, nomeou como xuíces honorarios para este ano 2023 a Fernando Venâncio, Ángeles Huerta González e Mario García Gómez.
Fernando Venâncio
Escritor, intelectual, crítico literario, e académico portugués, Venâncio é autor do libro «Assim Nasceu uma Língua”. Foi elexido pola transcendencia do seu estudo na reivindicación da lingua galega como eixo fundamental do idioma portugués, vinculación favorable no recoñecemento dos idiomas de dúas culturas diferenciadas pero cun vínculo común.
Ángeles Huerta
Huerta, doctora en literatura comparada pola Universidade de Oviedo e directora de cinema, foi elexida pola súa película «O Corpo Aberto», que recrea una trama ambientada na fronteira galego-portuguesa, concretamente nos pobos de Tourem e Pitoes, da Freguesía de Montalegre e nos concellos galegos de Muíños, Lobeira e Calvos de Randín, reivindicando o paganismo rural que existe en Galicia e Portugal.
Mario García Gómez
García, natural de Calvos de Randín, defendeu a identidade do Couto Mixto como territorio singular en Galicia no foro institucional do Parlament de Catalunya, na súa calidade de diputado neste parlamento, o cal supuxo unha internacionalización da existencia deste territorio arraiano.
A cerimonia pública de nomeamento será o 1 de xullo na Igrexa de Santiago de Rubiás dos Mixtos (Calvos de Randín); nela outorgaranse ós novos xuíces unha réplica das tres chaves do arcón do Couto Mixto.
Para saber máis