A gaiteira Susana Seivane gravou un videoclip feminista solidario en Aceredo (Lobios)
«Non é non» é o nome de “Un tema co que quero facer unha homenaxe ás que están e ás que non están pero estaban en todo o seu dereito.”, en palabras da súa autora, a famosa gaiteira Susana Seivane, que o compuxo durante o confinamento pola pandemia.
O diñeiro acadado coas visualizacións do videoclip dirixido por Rubén Riós no primeiro ano irá destinado a asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero.
O escenario da primeira parte do audiovisual amosa as ruínas da aldea asolagada de Aceredo, baixo o encoro do Lindoso, en Lobios, que emerxeu hai dous anos «Alí hai devastación e desolación, que era o que quería conseguir para o videoclip. Buscaba ese deserto absoluto que teñen as mulleres maltratadas», relata Seivane. pola seca e pola explotación da empresa eléctrica que o xestiona. «Alí hai devastación e desolación, que era o que quería conseguir para o videoclip. Buscaba ese deserto absoluto que teñen as mulleres maltratadas», relata Seivane. Nesta primeira parte tamén aparecen as ruínas da Casa da Escusalla, no mesmo concello.
O vídeo conta coa colaboración de Luís Zahera, que interpreta parte do texto Lieders, publicado por Rosalía de Castro en 1858 e considerado o primeiro manifesto feminista galego:
¡Oh muller! ¿Por qué sendo tan pura veñen a proxectarse sobre os blancos raios que despide a túa frente as impías sombras dos vicios da Terra? ¿Por qué os homes derraman sobre ti a inmundicia dos seus excesos, despreciando e aborrecendo despois no teu moribundo cansanzo o horrible dos seus mesmos desordes e dos seus calenturentos delirios?
Eu, con todo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas; como os árabes no deserto e o pirata no mar.»
Esa intervención dá paso á segunda parte, na que a gaiteira aparece con toda a banda, tocando sobre un ring de boxeo. Unha patada racha a soidade e escuridade e pasa a estar acompañada por homes na loita. «Co paso do tempo fóronse conseguindo cousas, pero hai que conseguir máis e para elo hai que loitar con unión. O feminismo, para min, non é ir contra dos homes, é buscar a igualdade, a compenetración entre uns e os outros. Os meus amigos son feministas. Loitando polo mesmo conseguimos máis cousas».
Ó final aparecen os actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, a actriz Isabel Naviera, a zoqueira Elena Ferro e o deportista Iván Raña dicindo: «Non é non».
Podes ver o videoclip solidario «Non é non» a continuación:
Para saber máis