Festa do Esquecemento 2023 en Xinzo de Limia – Programa oficial
Os días 18, 19 e 20 de agosto celebrarase unha nova edición da «Festa do Esquecemento», que organiza a Asociación Civitas Limicorum de Xinzo de Limia dende o ano 2001. Esta festa de recreación histórica rememora o cruce do río Limia polos soldados romanos comandados por Décimo Xuño Bruto no ano 138 antes de Cristo. O río Limia era identificado polos romanos co mítico río Lethes, o río do Esquecemento («Olvido» en español).
Programa oficial:
Venres 18
20:00 – Apertura do mercado de artesanía e da zona de xogos infantís no parque do Toural co grupo Cidade de Antioquía.
20:30 – Apertura do campamento castrexo-romano co grupo Cidade de Antioquía.
23:30 – Gran desfile inaugural castrexo-romano.
00:15 – Espectáculo O Prendido do Lume Sagrado y pregón do artista Bruxo Queiman na Praza Carlos Casares
00:30 – Percorrido polas rúas e o campamento do grupo Cidade de Antioquía.
01:00 – Concerto de Treefolk no campamento.
01:30 – Vodas castrexas no campamento.
Sábado 19
12:30 – Acto de confraternización con autoridades e grupos invitados ó campamento e entrega dos Premios Bispo Idacio.
13:00 – Pasarrúas polo mercado artesanal e polo casco vello co grupo Cidade de Antioquía.
13:30 – Loitas de gladiadores na Praza Maior
16:00 – Xincana de participantes polas principais rúas da vila e pasarrúas polas vías do casco vello e xogos infantís do grupo Lirolaio.
16:30 – Amenización do campamento polo grupo Treefolk
18:00 – Olimpiadas de xogos tradicionais no campamento.
19:30 – Loitas de gladiadores na Praza Maior.
20:30 – Gran desfile da Festa do Esquecemento coa participación de tódolos grupos invitados.
23:30 – Gran espectáculo «Queiman Folki» de Bruxo Queiman na praza de San Roque.
01:00 – Peche do campamento ás persoas que non vaian vestidas de época
01:00 – Concerto dos «Jinetes del Trópico» na praza de San Roque.
01:30 – Pasarrúas co grupo Cidade de Antioquía.
Domingo 20
12:00 – Desfile en honra de Adolfo Gómez.
12:30 – Pasarrúas polo mercado e varias rúas de Xinzo co grupo Lirolaio.
12:30 – Bautizos castrexo-romanos na praza de Oriente.
13:00 – Acto de homenaxe a Adolfo Gómez na praza de Oriente.
13:00 – Pasarrúas polo casco vello co grupo Treefolk.
17:30 – Recreacións do cruce do río Lethes e da gran loita ás beiras do río Limia.
18:30 – Música en directo a cargo do grupo Lirolaio.
20:00 – Desfile final da Festa do Esquecemento.
22:30 – Pasarrúas polo casco vello cos músicos Lirolaio.
23:30 – Apagado da chama sagrada do campamento.
00:00 – Entrega de premios ás mellores casetas romanas e castrexas.
01:00 – Ambientación musical do grupo Treefolk no campamento.
Fonte:
Asociación Civitas Limicorum