Festa do Esquecemento 2026 en Xinzo de Limia – Programa oficial
A XXVI edición da Festa do Esquecemento, celebrarase os días 21, 22 e 23 de agosto de 2026 en Xinzo de Limia. Esta celebración conmemora a lenda do río Limia (ou Lethes), identificado polos romanos como o río do esquecemento, e cruzado polas tropas de Décimo Xuño Bruto no ano 137 a.C. O campamento galaico-romano xa está listo para recibir a milleiros de visitantes.
A festa, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum e o Concello de Xinzo de Limia, co apoio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, chega á súa maior edición con máis de 50 actividades gratuítas, 54 grupos participantes, 13 tropas estranxeiras e 12 grupos musicais.
Un dos principais obxectivos da cita segue a ser o público familiar, con propostas pensadas para gozar en familia e para que persoas de todas as idades atopen o seu espazo durante a fin de semana.
Durante estes días, o Concello traballa nos labores de loxística e infraestruturas, así como nos dispositivos de limpeza e seguridade necesarios para o desenvolvemento dunha cita que multiplica a poboación do municipio e que constitúe un dos principais motores culturais e económicos da comarca da Limia.
«Xa se nota o ambiente na vila. Ver o campamento montándose é o sinal de que a festa está aquí», sinalou o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, que animou á veciñanza «a vivila desde o primeiro día e a recibir como merecen aos milleiros de persoas que nos visitan».
Programa oficial:
Venres 21 de agosto
20:00 h. Inauguración da XXVI Festa do Esquecemento con Cidade de Antioquía. Música itinerante no campamento e Parque do Toural
20:00 h. Os Faunos chegan á vila romana. Animación de rúa no Parque do Toural
20:45 h. Pasarrúas con Treefolk pola Praza Maior e rúas do casco vello
21:30 h. Os Mercaderes da Ruta da Seda. Animación de rúa na Praza Maior e rúas do casco vello
21:45 h. Pasarrúas con Cidade de Antioquía pola Praza Maior e rúas do casco vello
23:00 h. O Minotauro e a Deusa Perla. Animación de rúa na Praza Maior e rúas do casco vello
23:30 h. Gran Desfile Inaugural con fachós
00:00 h. Prendido do Lume Sagrado na Praza Carlos Casares
00:30 h. Pasarrúas con Bloco Trifulka pola Praza Maior e rúas do casco vello
01:15 h. Pasarrúas con Bloco Trifulka no campamento galaico-romano
01:45 h. Pasarrúas con Treefolk no campamento galaico-romano
Sábado 22 de agosto
12:00 h. Apertura do mercado e zona infantil con Treefolk, con música itinerante no Parque do Toural
12:00 h. Contacontos no Foro Romano
12:45 h. Explicación de Lucius Spiculus e espectáculo de gladiadores na Praza Carlos Casares
13:15 h. Desfile da Legio VII Civitas Limicorum polas rúas do casco vello
13:30 h. Pasarrúas con Treefolk pola Praza Maior e rúas do casco vello
14:00 h. Recepción de autoridades e tropas estranxeiras e entrega dos Premios Bispo Idacio 2026, no Parque do Toural
16:00 h. Pasarrúas con Lirolaio no campamento galaico-romano
17:30 h. Pasarrúas con Treefolk no campamento galaico-romano
18:00 h. Xogos Olímpicos Infantís no campamento galaico-romano
18:30 h. Pasarrúas con Cidade de Antioquía no Parque do Toural
19:00 h. Grandes Xogos Olímpicos no campamento galaico-romano
19:00 h. Pasarrúas con Lirolaio pola Praza Maior e rúas do casco vello
19:45 h. Animais do inframundo, animación de rúa na Praza Maior e rúas do casco vello
20:00-20:30 h. Vodas galaicas, no campamento galaico-romano
20:30 h. Pasarrúas con Cidade de Antioquía
20:45 h. Desfile das Tropas Romanas de Décimo Junio Bruto
21:15 h. Os Cíclopes Andantes, animación de rúa
21:30 h. Loitas de gladiadores, espectáculo de Lucius Spiculus no Parque do Toural
21:30 h. Pasarrúas con Lirolaio
22:30 h. Pasarrúas con Os Perqutores
22:30 h. Pasarrúas con Treefolk no campamento galaico-romano
22:45 h. Os Comerciantes de Especias, animación de rúa
23:15 h. Pasarrúas con Os Perqutores no campamento galaico-romano
23:45 h. Venditio Servorum, espectáculo de venda de escravos
00:30 h. Concerto de En Mala Hora no campamento galaico-romano
01:30 h. Pasarrúas con Treefolk no campamento galaico-romano
Domingo 23 de agosto
12:00 h. Apertura do mercado e zona infantil con Lirolaio, con música itinerante no Parque do Toural
12:30 h. Loita de gladiadores, espectáculo de Lucius Spiculus no Parque do Toural
12:30 h. A Lexión dos Deuses, animación de rúa pola Praza Maior e rúas do casco vello
12:45 h. Pasarrúas con Treefolk pola Praza Maior e rúas do casco vello
13:30 h. Bautizos galaicos e romanos na fonte do Parque do Toural
13:45 h. Pasarrúas con Lirolaio
16:30 h. Os Cíclopes Andantes, animación de rúa no campamento galaico-romano
17:00 h. Marchas romanas con Achicoria, con música itinerante no campamento galaico-romano
17:30 h. Cruce do río Lethes e gran loita final, espectáculo no río
18:00 h. Pasarrúas con Os Perqutores no campamento galaico-romano
18:45 h. Pasarrúas con Treefolk no campamento galaico-romano
19:30 h. A despedida dos Faunos, animación de rúa na Praza Maior e rúas do casco vello
20:00 h. Desfile da Vitoria
21:15 h. A Danza de Venus, espectáculo de acrobacias na Praza Maior
22:15 h. Pasarrúas con Treefolk no campamento galaico-romano
23:00 h. Entrega de premios aos participantes no campamento galaico-romano
23:15 h. Apagado do Lume Sagrado
00:00 h. Concerto de despedida con Treefolk no campamento galaico-romano

Cartaz da Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia 2026
Fontes: Asociación Civitas Limicorum e Concello de Xinzo de Limia

