Festa do Esquecemento 2019 en Xinzo de Limia – Programa completo
Un ano máis, e xa van 19, a «Asociación Civitas Limicorum» de Xinzo de Limia organiza unha nova edición da «Festa do Esquecemento». Esta festa de recreación histórica rememora o cruce do río Limia, polos soldados romanos comandados por Décimo Xuño Bruto no ano 138 antes de Cristo. O río Limia era identificado polos romanos co mítico río Lethes, o río do Esquecemento («Olvido» en español).
A celebración comezará o xoves 22 de agosto de madrugada coa apertura do Campamento Castrexo – Romano na Alameda do Toural e rematará o domingo 25 de agosto. Catro días de música, representacións teatrais, xogos infantiles, desfiles, espectáculos, e moita diversión. A continuación pódese consultar o programa completo:
Fonte
Asociación Civitas Limicorum
Hola todavia se puede apuntar para poner puesto de artesania!?
Hola, Ana! Puedes preguntárselo a la organización (Asociación Civitas Limicorum). Un saludo
O denominacion da festa, “Esquecemento”, debese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debian cruzar o rio Limia, creron acharse perante o lendario rio Lethes, o rio do Esquecemento, que facia esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Decimo Xuno Bruto, para que as lexions continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o rio empunando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a sua crenza era mera supersticion . A festa ten como momento mais significativo a recreacion do paso do rio Limia, mais hai outras moitas representacions da tradicion e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexions, loita de gladiadores, carreiras de cuadrigas etc.