Alto da Raia: un campamento romano no Val do Salas
As novas tecnoloxías aplicadas ó patrimonio están permitindo ós investigadores identificar estructuras milenarias que permanecían, ata agora, ocultas no noso territorio. Este é o caso do posible campamento romano do Alto da Raia, o primeiro localizado na área do Val do Salas; máis concretamente entre os municipios de Calvos de Randín (Galicia, España) e Montalegre (Portugal). Un amplo equipo liderado polo arqueólogo João Fonte (membro do Departamento de Arqueoloxía e Historia da Universidade de Exeter) acaba de publicar os resultados desta investigación na Revista de Prehistoria y Arqueología.
Identificación mediante láser e intervención arqueolóxica
O sitio arqueolóxico do Alto da Raia identificouse mediante o procesamento do análisis de datos LiDAR (técnica de teledetección óptica mediante luz de láser) proporcionados polo Instituto Geográfico Nacional (IGN) a través do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea. A intervención arqueolóxica realizada no mes de maio de 2021 e os traballos de laboratorio posteriores validaron a hipótese de que podía tratarse dun campamento militar romano.
Morfoloxía, ubicación e datación
A combinación de técnicas non invasivas (Lidar, fotogrametría derivada de dron, magnetrometría e radar) e tres sondaxes arqueolóxicas permitiron confirmar que se trata dos restos dun recinto dunhas tres hectáreas de superficie, delimitado por unha «muralla» rectangular coas esquinas redondeadas: «un terraplén de terra, xeralmente bastante aplanado e casi imperceptible no lado sur. Ademáis, existe un foso exterior, hoxe recheo, que complementaba a súa defensa». O xacemento está situado nun promontorio cunha altura máxima de 883 metros e atopábase na área de influencia de varios castros (como o de Rubiás ou o do Outeiro da Cerca) polo que «non parece estar relacionado directamente con campañas militares».
Os métodos de luminiscencia e carbono 14 permitiron datar a súa construcción cara o cambio de era (aproximadamente entre o anos entre 50 a.C e 50 d.C.), anterior á do campamento de Aquis Querquennis, no cercano Val do río Limia. Polo tanto, o campamento estaría relacionado coa época das «Guerras Astur Cántabras ou nos episodios posteriores de pacificación ou nos primeiros momentos de consolidación do poder romano (…) a súa presenza pódese relacionar co proceso de reorganización territorial e explotación de recursos que sucedeu inmediatamente despois da conquista e integración desta área no Imperio romano»
Superposición a un asentamento prehistórico, posiblemente do Bronce Final
Nunha das sondaxes, os arqueólogos atoparon «un buraco aberto escavado no leito de rocha (…) de probable data prehistórica». Por outra banda, apareceron varios fragmentos pequenos de cerámica, de menos de catro centímetros cada un excepto dous que miden entre catro de oito cm. Ademais de moi fragmentada, esta cerámica presenta unha gran erosión polo que parece que «foron afectados por procesos de deposición e post- deposición durante un tempo considerable». Os fragmentos pódense atribuir a dous diferentes contextos de produción: Idade do Bronce e Idade do Ferro.
«Varias anomalías detectadas no estudio magnético parecen estar relacionadas con estas ocupacións prehistóricas. Mais isto todavía aínda necesita máis investigación».
Primeiro forno de campaña atopado nun recinto militar temporal no noroeste peninsular
Outra sorpresa da investigación foi a identificación dun forno de campaña:o único nun recinto militar temporal romano no noreoeste da Península Ibérica). Éstes fornos sería usados para a cocción do suministro de pan para os soldados e xa apareceran nos campamentos da conquista de Britania. Os traballos de arqueobotánica permitiron identificar os cereais e froitos empregados nel, coma o millo miúdo, trigo, cebada e espelta. A presenza de figos está vinculada á dieta que recibían os militares romanos. Tamén identificaron os vexetais cos que facían o lume: sobre todo de leguminosas (84%), seguidas de carballos (7%), carpazas e uces.
O novo mapa de campamentos romanos en Ourense
Con este, xa son oito os sitios militares romanos coñecidos na provincia de Ourense: O Castelo (concello do Carballiño), Penedo dos Lobos (concello de Manzaneda), Cabeza do Pau (concello de Petín), Lomba do Mouro (concello de Verea- municipio de Melgaço, Portugal), Chaira da Maza (concello de Lobeira), Aquis Querquennis (Bande), Alto da Raia (concello de Calvos de Randín- municipio de Montalegre, Portugal), Outeiro de Arnás (concello de Verín).
Curiosamente, a metade deles atópanse na área da actual Reserva de la Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés e a Serra do Leboreiro.
Para concluir, pódese destacar que o campamento do Alto da Raia encádrase na categoría de campamentos temporais de tamaño medio que poideron albergar entre 2.000 e 4.000 soldados romanos, que «revelan a enorme versatilidade operativa do exército romano desplegando vexillationes (destacamentos) con importante autonomía táctica». Os resultados da súa escavación abren «interesantes preguntas ao redor das interaccións diplomáticas potenciais entre o exército romano e as comunidades indíxenas que habitaban nesta área, incluíndo a transferencia de coñecemento ou determinadas prácticas».
Para saber máis
FONTE, João, COSTA-GARCÍA, José Manuel e GAGO, Manuel, «A temperá presenza militar romana (séculos II a.C. – I d.C.) na actual provincia de Ourense: estado da cuestión» en Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, n.º 46, Ourense, 2021, páxs. 91-98.
romanarmy.eu investiga un nuevo recinto fortificado inédito entre Galicia y Portugal