Carlos Casares, un neno da Limia
“Entón era
un neno sementando
esperanza nas penedías (…)”
[Primeira Lembranza, La Región, 1967]
A infancia e xuventude son épocas vitais que forxan a noso carácter; no caso do escritor Carlos Casares, éstas desenrólase case por completo na Limia (Xinzo e arredores), e deixaron unha fonda pegada na súa personalidade e obra literaria.
Carlos Casares, fillo de Francisco Casares e Manuela Mouriño, ve a luz o 24 de agosto de 1941, na casa da súa avoa materna da cidade de Ourense. Cando ten catro anos, a familia trasládase a Xinzo de Limia, de onde é orixinario o pai e onde traballa de mestre, ó tempo que nace o seu irmán Xavier, o seu gran compañeiro de xogos. Outros lugares que frecuentaba eran Lamas, onde vivían os seus avós paternos, e Rial de Sabucedo (Porqueira), onde vivía un tíos avós. Non debemos esquecer outro sitio que o marcou, trátase de Beiro(Ourense), onde tiña un tío cura.
Comezando por Lamas, cabe dicir que as historias reais que lle contaba o seu avó Herminio a carón da lareira, e os relatos fantásticos, que lle narraban a súa avoa Francisca e mailo tío Lamas, espertaron a súa imaxinación.
En Rial de Sabucedo vivían uns tíos da súa nai: Benito, que era médico, e Isolina, cega pola diabete e de saude feble, motivo polo cal a súa nai quedaba alí para coidala longas tempadas, ás veces con Carlos e Xavier. Alí pasou Carlos ata cinco meses seguidos, Neste lugar do concello de Porqueira pasou longas tempadas, en contacto directo coa naturezaestudando naquela escola, e estivo en contacto directo co campo, aprendendo a identificar as variadas árbores, animais e paxaros, entre outras cousas. Alí descubriu de primeira man a represión contra os “atracadores”, nome popular dos guerilleiros antifranquistas ou maquis; tivo que presenciar certos episodios de brutalidade contra eles que lle causaron fonda impresión, e aparecen reflexados nalgunhas das súas obras.
O seu pai, Don Paco, ocupouse da súa educación ata os dez anos. Era pouco relixioso e republicano, ó contrario que a súa nai, se ben, de portas para dentro ambos mostrábanse desafectos co réxime franquista. Na escola transmitiulle os seus coñecementos para os traballos manuais, pois tiña un obradoiro para ferro e madeira. Eso fixo que, de maior, Carlos se afeccionase ós trens eléctricos, que él montaba e incluso fixo unha maqueta para eles, e ás cámaras de fotos.
En Xinzo era un rapaz máis, dos que xogaban ó fútbol na estrada xeneral, cando apenas pasaban coches, e asistían as primeiras proxeccións no cine do Ruca, tamén xogaban á guerra formando pandillas enemigas. Contaba que nunha ocasión chegaron rapaces novos á vila e sometéronos “a unha especie de interrogatorio, e aguantaron algún empuxón”, anque él non lles puxo a man enriba sí que admite que “é este o episodio da miña vida que de millor gana borraría”.
En 1952 ingresa no seminario de Ourense, pasando as vacacións na Limia. Pero abandona a carreira eclesiástica 5 anos despois, regresando a Xinzo, onde residirá ata 1961. Estudia bacharelato no Colexio santa Mariña. Nesta etapa de xuventude, anterior á súa partida á Universidade de Santiago, participa na emisora de radio La Voz de La Limia xunto ó seu amigo Manuel Dobaño cun programa semanal, chamado “Diálogos gramaticales entre Orto y Grafo”. Por outra banda, no colexio comeza a escribir as súas primeiras obras teatrais. Ademáis foi futbolista no equipo de colexio Santa Mariña e na Sociedad Deportiva Antela F.C.
O galo de Antioquía
Escollemos este relato, publicado por vez primeira no ano 1994, como exemplo representativo da súa obra en relación coa Limia. Nel están presentes dous temas recurrentes seus: o sentido do humor e a loita contra a intransixencia. Ambos sazonados cun toque de fantasía. Ademáis está ambientado na Limia, como outras das súas obras.
Pero inspírase nunha Limia antigua, a do século XVII, na que a Inquisición faría das súas. Alí un ferreiro de Sabucedo empeza a poñer ovos do día para a mañá, e a convertirse en galo, así que vai dicirllo ó señor cura. Éste aconséllase á súa vez no abade de Gorgoloza, que cre que se lle meteu o demo no corpo. Interrógano e exorcízano, e él di que viu a lendaria cidade de Antioquía, asolagada na Lagoa de Antela. Días máis tarde o cura de Sabucedo e mailo ferreiro achéganse á Lagoa e entran en Antioquía, onde o ferreiro se converte en galo e voa ata o alto do campanario para cantar. O abade de Gorgoloza, colaborador da Inquisición, manda lévalo á rectoral de Xinzo onde o someten a crueis torturas, en contra da opinión do bondadoso cura de Sabucedo; éstas rematan cando o levan á fogueira.
O final, que podía ser tráxico, resólvese co ferreiro convertido en galo e voando por riba da praza “Tiña que apurar e voar se quería chegar ó campanario de Antioquía e cantar o kikiriki das doce”.
O legado de Carlos
Ainda de adulto, a súa festa preferida seguía a ser o Entroido de Xinzo, que poido disfrutar xa de neno pois esquivara as prohibicións franquistas; e visítao un mes antes do seu pasamento escribindo dúas crónicas na súa «Á Marxe» de La Voz de Galicia. Lamentablemente, por mor dunha enfermidade que acabou coa sua vida en marzo do ano 2002, tivo que deixar moitas historias no tinteiro.
Casares deixou a súa impronta na Limia, nos que tiveron a sorte de coñecelo en persoa, e nos que o coñecen a través da sua obra. En 2001 convidárono a unha homenaxe en Xinzo na que participou a asociación Civitas Limicorum. Dende 2003 unha gran praza, xunto ó concello de Xinzo, leva o seu nome, nun acto no que Marcos Valcárcel ofreceu unha conferencia sobre a sua vida e obra. Dende febreiro de 2011 o Centro de Educación Infantil e Primaria Sergio Mascareñas da capital limiá muda oficialmente o nome polo de Carlos. Ademáis, en Rial de Sabucedo (Porqueira) tamén ten unha praza co seu nome.
Mais o legado de Carlos Casares, o neno da Limia, é imperecedeiro, unha ampla produción literaria grazas á cal, entre outras cousas, Galicia e o mundo enteiro poden coñecer mellor este territorio do sueste galego e a súa cultura.
Letras Galegas 2017
No ano 2017 a Real Academia Galega homenaxeou a Carlos Casares adicándolle o Día das Letras Galegas, neste recoñecemento tiveron moito que ver os esforzos dos limiaos, que así o levaban reivindicando dende 2012. A RAG celebrou a sesión plenaria extraordinaria de homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia o 17 de maio de 2017.
Para saber máis
MONTEAGUDO, Henrique, Carlos Casares: un contador de historias. Vida e obra, Vigo, 2017
Grande amigo e persoa, Carlos Casares!