Antela, quen nola dera (1958 – 2018): 60 anos de estragos en silencio, …con total esquecemento
A plataforma «Amig@s das Árbores da Limia» fai público este comunicado coincidindo co 60 aniversario do comezo das obras de desecación da lagoa de Antela, o maior humedal de agua doce da Península Ibérica, ó tempo que denuncia verteduras incontroladas no cauce do río Limia, relacionadas coa contaminación por cianobacterias do encoro das Conchas (compartido por Bande, Muíños e Lobeira).
Ladróns de estrelas que nos roubaron o universo
Un señor pequeño marcou o paso a todo o Estado ao longo de 40 anos e tamén tivo tempo de promulgar a “Ley del 27 de diciembre de 1956 sobre el saneamiento y colonización de la laguna de Antela, sita en la provincia de Ourense” (13 artigos, 113 liñas, 1.528 verbas), poucas veces con tan pouco escrito se fixo tanto daño. No 1958 comezou o maior atentado medioambiental producido na península Ibérica. Antela era ata entón un dos ecosistemas lacustres de máis valor do conxunto de Europa. Canles para o desecamento da lagoa e as veigas, movementos de terras, arrase e enterramento de pontes romanas, estrago da Vía VIII, eliminación de carballeiras, touzas, devesas, fragas de ribeira, soutos, tremedoiros, brañas, rías,… Unha das bisbarras mitolóxicas da antiga Gallaecia arrasada por escuros intereses premeditadamente guiados cun fin que aínda hoxe ninguén explicou.
Que paren as máquinas!!! Unha ovella rapada
Non lles chegou con Antela, precisaban máis e no seu proxecto de “modernización” seguiron co arrase do Val da Limia, desaugando as poucas veigas que quedaban, cuadriculando a paisaxe, cortando tódalas carballeiras, facendo novos encoros, contaminando as augas “máis terra, isto é a guerra!!!!» Unha cegueira branca, descoñecida, como se fora unha epidemia fulminante inoculou o silencio aos habitantes da bisbarra, moi poucos se atreveron a protestar. Otero Pedrayo, nos lonxanos sesenta, sí fixo e berrou contra o ceo “Que paren as máquinas!!!” Ninguén lle fixo caso e a Limia rematou convertida nunha ovella rapada.
Cura da cegueira
A xeración dos nosos avós xa se extinguiu. A dos nosos país aínda ten lembranza. Estamos a tempo de que non se borre todo, a tempo de axudar arranxar e evitar os erros do pasado. Distinto estudos reflicten que diante dunha eiva, dunha desfeita, o ser humano tarda unha media de trinta anos en reaccionar, en atopar a cura da doenza. Os limiaos somos lentos (1958 – 2018), despois de máis de medio século aínda xustificamos moitas das actuacións que estragaron o noso paraíso, ou intentamos ter a conciencia tranquila dicindo hipócritamente que “de existir hoxe a lagoa non se ían atrever a desecala”, ou rematamos cun desexo imposible: “Antela, quen nola dera!!!”… A cegueira e a doenza nun estado de metástase segue sen curarse.
Esperanza e futuro
Dada a situación medioambiental do planeta, o que hoxe non sexa ecoloxista, dúas cousas: ou está tolo ou non é consciente. Todo canto sexa conservar o medio é progresar; son horas de que os humanos deixemos de ser predadores de nós mesmos e da súa contorna. Na Limia tamén hai movementos que esixen outras formas de coidar o noso patrimonio natural, son unha pinga de auga no medio dunha lagoa, son mostra de dignidade e de futuro.
Conta unha lenda que cando os deuses fixeron o ceo e a terra, sementaron ao mesmo tempo estrelas e árbores, dende entón cando se corta unha árbore de forma inxustificada unha estrela cae do ceo.
Son ladróns de estrelas que están a roubar o noso futuro.
Antela Penalonga
A Limia, xuño de 2018
Para lo que mucha jente pueda pensar que fue un atentado en contra de la naturaleza .Tal vez .Yo tengo 52 años y nunca vi la laguna de Antela como Laguna. Pero SI vi como cientos de familias no pasaron hambre y sobribieron en su miseria pero nadie paso hambre .eran otros tiempos y otras mentalidades. En su tiempo fue lo correcto. Hoy se cometen atrocidades mucho mallores quemando nuestros bosques .destrullendo Nuestras reservas de Agua regando a temperaturas de por dia de 30 grados???? Tirandando pestizidas .herbicidas e inseticidas que la mitad sobran ….Esto es un problema que se puede sulucionar….???
Visto con los ojos de hoy, claro que haber desecado A Laguna Antela ha sido un error ecológico monumental, pero en aquella época las autoridades y los vecinos de la zona lo vieron como una oportunidad de cosechar más cereal y más patatas, lo que sirvió a los habitantes de A Limia durante decadas para poder subsistir e ir tirando. Claramente hoy se hubiese hecho de otra manera, y seguramente sin tener que privarnos de este humedal, ni haber destrozado puentes romanos que hoy con nuestras leyes seguirían estando en pie, pero no podemos retrotraernos en el tiempo y la historia, con lo cual, hoy hay que verlo de otra manera, quizá sacando más arena, y poder hacer que este gran humedal vuelva a resurgir.