Premio Pedra Alta 2022 para a Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural
O Consello Asesor do Padroado do Museo da Limia reuniuse hoxe para tratar diversos temas, entre os cuais destaca a concesión do Premio Pedra Alta 2021 á Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural. O cambio climático, manifesto pola intensa sequía deste ano na Limia, levou a recoñecer a laboura desta asociación que leva unha década de traballo a prol dun modelo de explotación, recuperación e/ou conservación do territorio que teña un menor impacto nas especies e recursos naturais desta zona, nomedamente na auga.
A Sección Antela, creouse o 2 de febreiro de 2011 coincidindo coa celebración do día internacional dos humedais e a conmemoración do 40 aniversario da Convención de Ramsar para traballar no ambito territorial da Limia, onde se atopaba, ata a súa desecación, a lagoa de Antela.
Os obxectivos básicos da sección son:
- Coñecer, divulgar e salvagardar os valores naturais e tradicionais da comarca de A Limia, así como buscar a oportunidade de potencialos.
- Compatibilizar a recuperación de humidais e zonas marxinais de A Limia coa explotación agro-gandeira sostible, sen afeccións negativas aos sectores económicos produtivos.
Dentro da estructura da SGHN a Sección autofinánciase. A publicación do conto solidario “A historia de Antela contada por unha cegoña” foi o comenzo dun camiño que culminou cóa adquisición, por parte da SGHN, dun predio de 1,2 ha. na veiga de Vilaseca: “o Humidal Antonio Villarino”. Alí desenvolveuse o proxecto de creación dun humidal estacional para recuperación de alomenos 10 especies de interese.
Simultáneamente, outras xestións fixeron posible dispor doutros espazos onde actuar destacando o aluguer de predios ao Banco de Terras de Galicia. A finais de 2017 contabamos con 40 parcelas espalladas pola comarca limiá. Ainda que a maior parte dos térreos son xestionados diretamente pola SGHN en algunhas tense asinados acordos de custodia do territorio con gandeiros locais e particulares.
Noutra liña de traballo, acadouse un acordo de custodia de territorio sobre unha porción de 16 ha. na “Veiga de Gomareite” onde se pretende recuperar a superficie orixinal da veiga mediante a xestión da vexetación e a eliminación dos residuos que ao longo do tempo se foron amoreando neste espacio. As labores realizadas compleméntanse co proxecto de gandeiría en extensivo promovido por un gandeiro local.
Con todo, e grazas a implicación e colaboración de socios e simpatizantes, SGHN Sección Antela está a demostrar que «Outra Limia é posible».